Sede electrónica Concello de Zas

01:24:41 Xoves 24 de outubro 2019
Estás en:

Detalle trámite

Comunicación previa de obra

Quedan suxeitos ao réxime de intervención municipal de comunicación previa os actos de uso do solo e do subsolo non suxeitos a licenza (están suxeitos a licenza os actos que requiren proxecto de edificación e outros supostos) e, en todo caso, os que así se establezan nas leis. O promotor dos actos de uso do solo e do subsolo comunicará ao concello a intención de levar a cabo o acto cunha antelación mínima de quince días hábiles ao da data en que pretenda comezar a súa execución.

Con carácter xeral, transcorrido o prazo de quince días hábiles sinalado, a presentación da comunicación previa cumprindo con todos os requisitos esixidos constitúe título habilitante para o inicio dos actos de uso do solo e do subsolo suxeitos a ela, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección por parte do concello.
(Art. 142.3 e 146 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia).

RELACIÓN DE OBRAS MENORES, SUXEITAS A O REXIMÉN DE COMUNICACIÓN PREVIA.

1. Mantemento de partes non edificables de parcelas e solares:
- 1a Limpeza e roza interior de parcelas e solares, sen movementos de terras nin talla de arboredo.
- 1b Explanación ou escarificación de leiras sen movementos de terras que modifique o perfil do terreo.
2. Mantemento de fachadas dos edificios:
- 2a Reparación e substitucións de elementos auxiliares da cuberta (canlóns, bajantes e varandas).
- 2b Limpeza e pintado de fachadas.
- 2c Cambio de carpintería exterior, persianas, varandas ou similares.
3. Mantemento de cubertas dos edificios:
- 3a Substitución puntual de material de cubertas ou terrazas.
4. Mantemento e actualizacións das instalacións dos edificios:
- 4a Substitucións puntuais de instalacións privativas de vivenda ou local (auga, gas, electricidade ou similar).
- 4b Novas instalacións non encaixadas en elementos estruturais.
- 4c Mantemento de instalacións comúns do edificio.
5. Mantemento dos acabados interiores dos edificios:
- 5a En paredes, chans e falsos teitos.
- 5b Reformas en cociñas ou baños que non modifiquen as divisións interiores.
6. Peches de leiras:
- 6a Reparación de peches de parcelas sen afeccións estruturais.
- 6b Peches de leiras.
7. Invernadoiros:
- 7 Invernadoiros.

Calquera persoa física que desexe comunicar o inicio dunha obra.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende está páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Comunicación Previa de Obra (Menor).
  • Copia do DNI do interesado (só en caso de rexistro presencial).
  • En caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade do representante e o solicitante, coa autorización escrita dese último ou copia do poder para representalo.
  • Xustificante de pago dos tributos municipais. [Modelo Descargable de Autoliquidación].
  • Memoria das obras (Obxecto, uso e finalidade, situación das obras dentro da edificación ou da parcela, dimensións, medidas, materiais e acabados a utilizar, etc). Modelos Descargables:
  1. [Memoria descritiva e construtiva de obras de mantemento e conservación de inmobles suxeitas a comunicación previa].
  2. [Memoria descritiva e construtiva de obras de muros, peches e  valados].
  • Plano de situación da obra (plano de catastro, cartografía, sixpac ou similar) e fotografías do lugar da actuación.
  • Orzamento detallado e desagregado.
  • No seu caso, proxecto técnico esixible legalmente e declaración do/s técnico/s que autoricen o proxecto de que cumpre en todos os extremos coa ordenación urbanística de aplicación, e datos do profesional de xeito que permita a súa identificación.
  • No seu caso, autorización ou ditame ambiental, informes sectoriais ou outras autorizacións ou concesións administrativas que sexan legal ou regulamentariamente esixibles.

 

En caso de Invernadoiros:

EXECUCIÓN DE INVERNADOIROS CON DESTINO EXCLUSIVO Ao USO AGRARIO, DE MATERIAIS LIXEIROS E FACILMENTE DESMONTABLES
(Artigo 44º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do medio Rural
de Galicia, na súa vixente redacción e art. 10º.20 do Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de Disciplina Urbanística para o desenvolvemento e aplicación da Lei 1/1997 reguladora do chan.)

Documentación técnica mínima a presentar:

  • Localización das obras, dirección postal e referencia catastral da parcela.
  • MEMORIA DESCRITIVA E CONSTRUTIVA:
    - Descrición das obras: xustificación da necesidade, uso e destino da construción, materiais a empregar.
    - Superficie da parcela onde se empraza.
    - Dimensións, superficie e altura do invernadoiro.
  • PLANOS:
    - Plano de situación e localización das obras, acoutando as distancias do invernadoiro respecto dos límites da parcela sobre plano de catastro, cartografía, sixpac ou similar.
    - Alzados da construción frontal e lateral con acoutado da altura.
    - Plantas da construción con acoutado das dimensións de longo e ancho.

Nome: Comunicación Previa de Obra.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Taxas/impostos: Consultar as ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.