Sede electrónica Concello de Zas

21:50:57 Domingo 18 de abril 2021
Estás en:

Detalle trámite

Convocatoria de persoal. Oficial de primeira e peóns de servizos múltiples (PEL-Concellos reactiva 2021)

Non hai convocatorias abertas actualmente

Neste trámite poderase presentar unha solicitude para participar no proceso de selección de "un albanel oficial de primeira e catro peóns de obras e servizos múltiples dentro do Programa de integración laboral da Deputación Provincial da Coruña, PEL-Concellos reactiva 2021".

Poderase facer un seguimento do procedemento (bases da convocatoria, listas de admitidos, resultados, etc.) a través das sucesivas publicacións realizadas no taboleiro de anuncios.

Prazo de solicitude: do 15 de marzo ata o 22 de marzo de 2021.

Poden inscribirse as persoas estean en situación de desemprego na data de inicio do proceso selectivo e que se encontren nalgunha das seguintes situacións de exclusión laboral:

  • A) Mulleres, ao ter un diferencial de índice de paro rexistrado sensiblemente superior ao dos homes.
  • B) Maiores de 45 anos.
  • C) Persoas desempregadas de longa duración. Aos efectos deste programa terán esta consideración aquelas persoas que leven un mínimo de dous anos como demandantes de emprego. Este requisito acreditarase mediante a presentación do informe de vida laboral actualizado e a tarxeta de demandante de emprego, onde se indique a data de  inscrición, ou ben certificado do período de inscrición como demandante de emprego do Servizo Público de Emprego.
  • D) Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida, pola administración competente, unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 33%. A discapacidade deberá acreditarse mediante a presentación dun certificado de minusvalía emitido polo órgano competente.
  • E) Persoas desfavorecidas que estean nalgunha das seguintes situacións:
    • Persoas en situación de drogodependencia.
    • Persoas que vivan nun fogar donde ningunha teña emprego.
    • Persoas con fogar monoparental.
    • Persoas con problemas para encontrar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais.
    • Persoas sen fogar

Os requisitos esixidos no apartado E) acreditaranse mediante informe social do concello onde resida.

  • F) Persoas vítimas de violencia de xénero. Este requisito acreditarase mediante sentencia xudicial en firme e comprobarase de oficio.

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”.

  • Instancia albanelInstancia peón (obrigatorio).
  • Xustificación de pago da taxa segundo ordenanza vixente(autoliquidación albanel,  autoliquidación peón) (obrigatorio).
  • Copia do DNI. (obrigaorio no caso de presentación en representación, ou se a presentación non é telemática).
  • Copia do carné de conducir B1 (obrigatorio).
  • Copia do Celga 2 ou título de galego equivalente, se é o caso.
  • Copiada titulación esixida. ( Certificado de escolaridade ou titulacion equivalente). (obrigatorio)
  • Copia da tarxeta de desemprego actualizada, ou certificado do Servizo Público de Emprego de atoparse inscrito como demandante de emprego. (obrigatorio)
  • Copia da documentación acreditativa dos méritos alegados, se é o caso.
  • A experiencia profesional acreditarase mediante Informe de Vida laboral actualizado e copia dos contratos de traballo ou certificados de empresa.
  • Os cursos de formación deberán acreditarse mediante copias dos correspondentes títulos ou diplomas.

Nome: Convocatoria de persoal. Oficial de primeira e peóns de servizos múltiples (PEL-Concellos reactiva 2021)

Unidade tramitadora: Secretaría.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Carácter silencio administrativo:
Silencio positivo.

Prazo de execución: 6 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos:
Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.