Estas axudas ten por obxecto establecer as normas específicas polas que se rexerá a convocatoria pública das axudas e subvencións directas para paliar e actuar de maneira inmediata, ante as consecuencias derivadas da crise económica provocada polo COVID- 19 e reactivar a actividade económica, no termo municipal de Zas, outorgando liquidez a autónomos e microempresas para contribuír a facilitar o cumprimento das súas obrigas empresariais e o mantemento da súa actividade
Os obxectivos específicos, dentro do obxectivo xeral de manter abertos os establementos ata o 31/12/2020, destas axudas son:
1.- Poderán solicitar esta subvención aquelas persoas físicas ou xurídicas, legalmente constituídas que se atopasen nalgunha das seguintes circunstancias:
1.1 MODALIDADE A:Que a actividade que desenvolvan se tivese visto afectada polo peche de establecementos disposto no RD465/2020 de 17 de marzo que modificou o artigo 10 do RD 463/2020 de 14 de marzo.
1.2 MODALIDADE B. Que a actividade non se vira afectada polo peche de establecementos disposto no RD 465/2020 de 17 de marzo que modifica o artigo 10 do RD 463/2020 de 14 de marzo, pero que sufrise unha redución da súa facturación no mes de abril de 2020 de polo menos o 75% en relación ao mes de abril de ano 2019. No caso de persoas físicas ou xurídicas de nova creación a valoración do 75% farase con respecto ao mes de febreiro de 2020.
Os beneficiarios teñen que cumprir os seguintes requisitos:
So se admitirá unha única solicitude por cada establecemento físico.
Quedan excluídas as administracións públicas, os seus organismos autónomos, as empresas públicas e outros entes públicos, así como as asociacións, fundacións e, en xeral, entidades sen ánimo de lucro así como o persoal autónomo colaborador.
1.- A solicitude deberá realizarse exclusivamente a través da sede electrónica en https://sede.concellodezas.org en Subvencións, e presentarase xunto coa solicitude a documentación correspondente, por vía telemática.
2.- O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP). (O prazo de solicitudes remata o 6 de outubro ás 23:59 horas)
3.- A presentación da solicitude de subvención fóra do prazo establecido suporá a inadmisión. A non utilización do formulario normalizado e posto a disposición na sede electrónica suporá a exclusión.
O Prazo de Xustificación será do 22/01/2021 ata o 31/01/2021, e para elo presentará a través do procedemento Achega de Documentación.
Deberán acompañar a esta solicitude os documentos en formato orixinal ou copia compulsada que se indican a continuación:
No caso de que o beneficiario se atope na MODALIDADE A, non deberá xustificar ningún tipo de redución de facturación.
Nome: Solicitud de primeira liña de axUdas dirixida a autónomos e microempresas para a reactivación económica do municipio de Zas no marco da emerxencia sanitaria do Covid-19.
Unidade tramitadora: Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local.
Inicio do procedemento: A Instancia de parte.
Tipo de interesado: persoas físicas ou xurídicas, legalmente constituídas que se atopasen nalgunha das seguintes circunstancias:
1.1 MODALIDADE A:Que a actividade que desenvolvan se tivese visto afectada polo peche de establecementos disposto no RD465/2020 de 17 de marzo que modificou o artigo 10 do RD 463/2020 de 14 de marzo.
1.2 MODALIDADE B. Que a actividade non se vira afectada polo peche de establecementos disposto no RD 465/2020 de 17 de marzo que modifica o artigo 10 do RD 463/2020 de 14 de marzo, pero que sufrise unha redución da súa facturación no mes de abril de 2020 de polo menos o 75% en relación ao mes de abril de ano 2019. No caso de persoas físicas ou xurídicas de nova creación a valoración do 75% farase con respecto ao mes de febreiro de 2020.
Órgano da resolución: Alcaldía.
Prazo de execución: Ata o 12/12/2020.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
Taxas/Impuestos: No aplica.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).