Sede electrónica Concello de Zas

07:37:28 Domingo 1 de setembro 2024

Información

Persoal

08/09/2022

Anuncio modificación de bases convocatoria bolsa emprego ARQUITECTO TECNICO. Bolsa emprego 032021.

EXP: 2021/E001/000023

ANUNCIO MODIFICACIÓN DE BASES DE CONVOCATORIA PARA ELABORAR UNHA BOLSA DE EMPREGO DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN ARQUITECTO TÉCNICO. BOLSA 032021

Por decreto 290/2022 de data 30/08/2022 estimouse o recurso potestativo de reposición presentado por Daniel Penas López referente a titulación esixida nas bases de convocatoria para elaborar unha bolsa de emprego de contratación laboral temporal dun arquitecto técnico. Bolsa de Emprego 032021, publicadas no BOP nº 204 de 26 de outubro de 2021.

A estimación deste recurso supón a modificación da base 3.1.d) das bases de convocatoria aprobadas.

Así mesmo por decreto 291/2022, de 31/08/2022, aprobouse a modificación das bases anteriormente citadas, que inclúen unha modificación da fase de oposición.

A publicidade das novas bases supón abrir un novo prazo de presentación de instancias.

Aqueles aspirantes que tiveran presentada a instancia cumprindo os requisitos novos esixidos nas bases modificadas e non desexen modificar nin ampliar a documentación, poderán solicitar no novo prazo de 10 días hábiles de presentación de instancias que se atenda a documentación presentada no procedemento entre os días 27/10/2021 e o 10/11/2021.

Aqueles aspirantes presentados con titulación diferente da esixida nestas bases modificadas entenderase que non cumpren co requisito da titulación.


Xustificantes de Publicación: