Sede electrónica Concello de Zas

10:29:06 Sábado 23 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Autorización de lanzamento de foguetes inferior a 10 Kg.

Para presentar unha solicitude de autorización de lanzamento de foguetes inferior a 10 Kg., debe empregar a Instancia Xeral e anexar a documentación requerida.
 

Calquera persoa física ou xurídica que desexe presentar unha solicitude de autorización de lanzamento de foguetes inferior a 10 Kg..

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Instancia xeral.

A solicitude deberá presentarse cunha antelación mínima de 10 días naturais acompañada da seguinte documentación. 

  • Solicitude de Autorización de lanzamento de foguetes inferior a 10 Kg.
  • Declaración Responsable.
  • Informe técnico da empresa pirotécnica contendo: datos da empresa (nome, CIF, teléfono…), quilogramos de explosivos totales  para os que se solicita a autorización, mestura.
  • Plano de situación con indicación da zona comprendida en un radio de 500m, a contar desde o punto onde se van realizar os disparos.
  • Identificación do responsable  que vai estar realizando o disparo e copia do carné de experto en pirotecnia.
  • Identificación de todos os traballadores(responsable,operarios encargados da montaxe) e alta na seguridade social (TC 2).
  • Licenza municipal de actividade da empresa de pirotecnia.
  • Autorización de idoneidade e posta en marcha de empresa pirotécnica expedida pola Subdelegación do Goberno.
  • Copia da  póliza de seguro da empresa de pirotecnia e copia do recibo pagado.
  • Comunicación previa de tirada de fogos de artificio á Consellería de Medio Rural, ou solicitude no caso de fogos de artificio en terreos forestais.

Nome: Solicitude de Autorización de lanzamento de foguetes inferior a 10 Kg.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.