Presentarase a titulo persoal, e a súa obtención será previa á adquisición dun animal considerado como potencialmente perigoso pola normativa de aplicación. No caso de que o animal fose considerado como potencialmente perigoso con posterioridade a súa adquisición por razóns de conduta, o dono ou a dona dispón do prazo dun mes para iso desde o momento desta consideración.
A Licenza terá un período de validez de cinco anos, podendo ser renovada por períodos sucesivos de idéntica duración mediante unha nova presentación da documentación requirida e debidamente actualizada. Calquera variación dos datos que figuran na licenza, deberá ser comunicada polo seu titular no prazo de quince días hábiles, contados desde a data en que se produza a dita modificación.
Calquera persoa física, propietario/a de animais considerados como potencialmente perigosos segundo normativa de aplicación que residan no municipio e calquera persoa que haxa de manexar a algún destes animais, tanto en espazos públicos como privados de uso común.
Requisitos:
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática poderá descargar o/os impreso/s desde esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán este/s impreso/s normalizado/s a presentar.
Nome: Licencia tenencia animais potencialmente perigosos
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física.
Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.
Prazo de resolución: 3 meses.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso administrativo.
Tasas/impostos: Consultar as ordenanzas fiscais do apartado de normativa.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.