Sede electrónica Concello de Zas

14:50:32 Venres 29 de marzo 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de licenza de verbenas

Para presentar unha solicitude de licenza de verbenas (tamén para Asociacións e Comisións de Festas).

Deberá presentarse cunha antelación mínima de 15 días naturais.

Calquera persoa física ou xurídica que desexe presentar unha solicitude de licenza de verbenas.

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Si o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos desde esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o devandito impreso normalizado para presentar.

  • Documento acreditativo da representación.
  • A póliza de seguro de responsabilidade civil obrigatorio ou compromiso de contratación, previsto na normativa en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, e o recibo do pagamento das primas correspondentes ao período do seguro en curso ou a copia destes.
  • O proxecto e a documentación técnica que resulte exixible segundo a natureza da actividade. Para estes efectos, enténdese por proxecto o conxunto de documentos que definen as actuacións que se van desenvolver, co contido e detalle que lle permita á Administración coñecer o seu obxecto e determinar o seu axuste á normativa urbanística e sectorial aplicable. O proxecto e a documentación técnica serán redactados e asinados por persoa técnica competente, e deberá constar os seus aspectos básicos que lle permitan ao concello pronunciarse sobre a procedencia da súa autorización [actuación musical, baile, concerto(…), aforo, horario de inicio e peche da actividade(…)]. Farase constar no proxecto a instalación de carpas ou calquera outros elementos destinados á actividade, así como os escenarios e estruturas que se pretendan instalar.
  • O documento acreditativo da dispoñibilidade do establecemento ou espazo aberto ao público en calidade de propietarios/as ou arrendatarios ou en virtude de calquera outro título xurídico.
  • Se for o caso, o certificado, a acta ou o informe de conformidade emitido polas entidades de certificación de conformidade municipal reguladas nesta lei.
  • O documento acreditativo asinado polo/a interesado/a da designación da persoa física ou xurídica que debe asumir a responsabilidade técnica da execución do proxecto e que debe expedir a certificación que acredite a adecuación do espectáculo público ou da actividade recreativa aos requisitos exixibles.
  • Boletíns eléctricos da instalación segundo a instrución 2/2018 da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sobre instalacións eléctricas temporais de baixa tensión e compromiso de validación. En caso de xerador eléctrico, certificado de industria de ter pasado a inspección.
  • Abono de taxa.
  • Contrato/s entre o promotor ou asociación e as orquestras intervintes.
  • Xustificante SGAE.
  • No caso de que se instale cantina: carné de manipulación de alimentos do persoal adscrito a la cantina.
  • Calquera outra documentación que veña exixida pola normativa aplicable.
  • Plan de autoprotección ou Plan de estudo específico que esixa a normativa sectorial.
  • Anexar Formulario de Licencia de Verbenas

Nome: Solicitude de Licenza de Verbenas.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persona física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                 Presencial.