Sede electrónica Concello de Zas

10:55:43 Sábado 27 de xullo 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude para participar na convocatoria de 'Bolsas de estudo para o curso 2022-2023'

Non hai convocatorias abertas actualmente

Neste trámite poderáse presentar unha solicitude para participar na convocatoria de "Bolsas de estudo para o curso 2022-2023”.

Poderase facer un seguimento do procedemento (bases da convocatoria, listas de admitidos, resultados, etc.) a través das sucesivas publicacións realizadas no taboleiro de anuncios.

Prazo de solicitude: do 19 de outubro ata o 2 de novembro.

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”.

  • Solicitude: Anexo I (obrigatorio)
  • Fotocopia do DNI do/a alumno/a e do solicitante (pai, nai ou tutor) cando sexa menor de idade. (obrigatorio)
  • Fotocopia do Libro de familia. (obrigatorio)
  • Fotocopia da matrícula no centro escolar ou universitario ou certificado do centro, segúndo anexo II. (obrigatorio)
  • Fotocopia do Boletin de notas ou expediente académico das cualificacións do curso 2021/2022. (obrigatorio)
  • Declaración responsable conforme ao anexo III. (obrigatorio)
  • De ser o caso, fotocopia do certificado do grado de discapacidade no caso de que algún fillo esté afectado por ela, ou resolución de invalidez.
  • Xustificante de ingresos, referidos a todos os membros da unidade familiar, entendida nos termos da base 2ª, mediante os documentos seguintes: (obrigatorio)
    • Copia da Declaración do IRPF correspondente ao ano 2021 de todos os membros da unidade familiar que percibisen ingresos durante aquel ano (ou certificado negativo no caso de non estar obrigado a presentala).
    • No caso de ingresos que tributen por IRPF a determinación dos ingresos da unidade familiar determinarase mediante a agregación da base impoñible xeneral coa base impoñible do aforro, calculadas segundo os criterios establecidos na normativa do IRPF.
    • Documentación oficial correspondente no caso de pensión contributiva de xubilación, invalidez, viuvez ou orfandade, na que conste o importe das cantidades percibidas no ano 2021.
    • Documentación oficial correspondente no caso de que percibisen ingresos procedentes de pensións non contributivas, fondos de asistencia social, rendas de integración social de Galicia ou da Lei de integración social de minusválidos, na que conste o importe das cantidades percibidas no ano 2021.
    • Se a unidade familiar alega carecer de recursos, ou quere acreditar unha situación excepcional, imprevista ou de carácter de especial necesidade que afecte negativamente á situación familiar, deberá acreditala mediante informe social.
    • De ser o caso, copia da sentenza de separación, divorcio ou nulidade, xunto co convenio regulador, en defecto destes, declaración xurada de percibir ou non pensión alimenticia a favor de fillo/á cargo.
    • Emigrantes retornados: Certificación bancaria dos ingresos percibidos no ano 2021 en país de orixe.
    • Certificado da entidade bancaria no que conste o código de conta do cliente para percibir a axuda. O titular da esta conta deberá coincidir co solicitante da axuda. (obrigatorio)

Nome: Convocatoria de concesión de Bolsas de estudo Curso 2022-2023.

Unidade tramitadora: Servizos Sociais.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Non aplica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                        Presencial.