A Comunicación Previa de Cambio na Actividade deberá presentarse nos casos de cambio de titularidade, dando lugar á transferencia de responsabilidades da anterior á nova persoa titular e nos casos en que se produza calquera cambio relativo ás condicións ou ás características da actividade ou do establecemento que non afecten a seguridade, salubridade ou perigosidade do establecemento.
Se a actividade non conta con licenza, ou non foi previamente comunicada ao Concello, así como cando co traspaso do negocio se modifica a actividade ou se levan a cabo obras no establecemento, deberanse presentar as comunicacións ou solicitudes de licenza que sexan preceptivas.
A responsabilidade do cumprimento dos requisitos informativos administrativos aos que estivese sometida a actividade ou o establecemento trasladarase á nova persoa titular a partir do momento no que o cambio de titularidade fixésese efectivo, con independencia da data na que leve a cabo a comunicación do cambio de titularidade prevista neste artigo. No caso de que a nova persoa titular non presente dita comunicación, a anterior persoa titular eximirase de toda responsabilidade si acredita ante a Administración o cambio de titularidade por calquera medio admisible en dereito.
Calquera persona física ou xurídica que desexe comunicar cambio na actividade.
No caso de traspaso, quen exerza a nova titularidade. No resto dos casos, quen exerza a titularidade da actividade.
Nome: Comunicación Previa de Cambio na Actividade.
Unidade tramitadora: Urbanismo.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Taxas/Impostos: Consultar ordenanzas fiscais do apartado de normativa.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.