Sede electrónica Concello de Zas

13:50:19 Xoves 21 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Comunicación previa de inicio ou modificación de actividade

A Comunicación Previa de Inicio ou Modificación de Actividade presentada cumprindo con todos os requisitos constitúe un acto xurídico que, de acordo coa lei, habilita para o inicio da actividade ou a apertura do establecemento e faculta a Administración pública para verificar a conformidade dos datos que se conteñen nela. Utilizarase tamén no caso de modificación substancial dunha actividade e para comunicar un cambio de titularidade.

Deberá especificar si non foron necesarias obras ou se finalizaron as previamente autorizadas ou comunicadas co fin de pór en marcha unha nova actividade (ou co de modificar substancialmente unha actividade previamente autorizada/declarada/comunicada).

No caso de verbenas, ir ao procedemento específico: ligazón

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Comunicación Previa de Inicio ou Modificación de Actividade.
  • Copia do DNI da persoa interesada (só en caso de rexistro presencial).
  • En caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade da persoa representante e da persoa interesada, coa autorización escrita desa última ou copia do poder para actuar en representación. 
  • Memoria explicativa da actividade que se pretende realizar, coa manifestación expresa do cumprimento de todos os requisitos técnicos e administrativos.
  • Certificación expedida polo persoal técnico competente de seguridade e solidez.
  • Título ou autorización de ocupación do local, contrato de arrendamento ou escritura.
  • Planos do emprazamento acoutados a escala (E:1:2000) e de planta acoutada (E:1:50), subscritos por un/unha técnico/a competente, nos que se reflictan as dimensións e características do local, así como a situación dos accesos, dos medios de protección contra incendios previstos e das instalacións (hixiénico-sanitarias, de ventilación, etc.).
  • Proxecto ou documentación técnica que resulte esixible segundo a natureza de a actividade  acreditativa e de que o local é apto para o uso conforme a normativa aplicable en función do mesmo, e con especial referencia ao cumprimento das condicións de estabilidade, illamento térmico e acústico, accesibilidade, e seguridade antiincendios precisas para o uso pretendido.
  • No seu caso, autorizacións ou informes sectoriais que sexan preceptivos (como a autorización ou declaración ambiental, informes doutras administracións, da confederación hidrográfica, etc.) coa manifestación expresa de que se conta con todos os necesarios para o inicio da actividade.
  • Xustificante de pago de taxas segundo a/as ordenanza/s vixente/s. (ver)

Nome: Comunicación Previa de Inicio ou Modificación de Actividade.

Unidade tramitadora:
Urbanismo.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Taxas/Impostos: Consultar ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.