Quedan suxeitos ao réxime de intervención municipal de comunicación previa os actos de uso do solo e do subsolo non suxeitos a licenza (están suxeitos a licenza os actos que requiren proxecto de edificación e outros supostos) e, en todo caso, os que así se establezan nas leis. O promotor dos actos de uso do solo e do subsolo comunicará ao concello a intención de levar a cabo o acto cunha antelación mínima de quince días hábiles ao da data en que pretenda comezar a súa execución.
Con carácter xeral, transcorrido o prazo de quince días hábiles sinalado, a presentación da comunicación previa cumprindo con todos os requisitos esixidos constitúe título habilitante para o inicio dos actos de uso do solo e do subsolo suxeitos a ela, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección por parte do concello.
(Art. 142.3 e 146 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia).
RELACIÓN DE OBRAS MENORES, SUXEITAS A O REXIMÉN DE COMUNICACIÓN PREVIA.
1. Mantemento de partes non edificables de parcelas e solares:
- 1a Limpeza e roza interior de parcelas e solares, sen movementos de terras nin talla de arboredo.
- 1b Explanación ou escarificación de leiras sen movementos de terras que modifique o perfil do terreo.
2. Mantemento de fachadas dos edificios:
- 2a Reparación e substitucións de elementos auxiliares da cuberta (canlóns, bajantes e varandas).
- 2b Limpeza e pintado de fachadas.
- 2c Cambio de carpintería exterior, persianas, varandas ou similares.
3. Mantemento de cubertas dos edificios:
- 3a Substitución puntual de material de cubertas ou terrazas.
4. Mantemento e actualizacións das instalacións dos edificios:
- 4a Substitucións puntuais de instalacións privativas de vivenda ou local (auga, gas, electricidade ou similar).
- 4b Novas instalacións non encaixadas en elementos estruturais.
- 4c Mantemento de instalacións comúns do edificio.
5. Mantemento dos acabados interiores dos edificios:
- 5a En paredes, chans e falsos teitos.
- 5b Reformas en cociñas ou baños que non modifiquen as divisións interiores.
6. Peches de leiras:
- 6a Reparación de peches de parcelas sen afeccións estruturais.
- 6b Peches de leiras.
7. Invernadoiros:
- 7 Invernadoiros.
Calquera persoa física que desexe comunicar o inicio dunha obra.
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende está páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
NOTA: A documentación técnica tramitada a través da plataforma de traballos profesionais do COAG ou outros colexios profesionais non terá que ser achegada; só se terá que indicar na instancia o código correspondente.
En caso de Invernadoiros:
EXECUCIÓN DE INVERNADOIROS CON DESTINO EXCLUSIVO AO USO AGRARIO, DE MATERIAIS LIXEIROS E FACILMENTE DESMONTABLES
(Artigo 44º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do medio Rural de Galicia, na súa vixente redacción e art. 10º.20 do Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de Disciplina Urbanística para o desenvolvemento e aplicación da Lei 1/1997 reguladora do chan.)
Documentación técnica mínima a presentar:
Nome: Comunicación Previa de Obra.
Unidade tramitadora: Urbanismo.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica
Taxas/impostos: Consultar ordenanzas fiscais do apartado de normativa.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.